Xosé Monteagudo e unha historia de película

Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo

Xosé Monteagudo e unha historia de película
Cuándo
miércoles, 16 de diciembre
Precio
Gratis

Este encontro lector forma parte dunha serie mensual dedicada a libros escritos por autores e autoras de Pontevedra ou ambientados na cidade. As reunións celébranse en distintos espazos e permiten conversar sobre a obra co seu autor ou autora; tamén se organizan roteiros e outras actividades arredor dos libros e da lectura en Pontevedra.

O mércores 16 de decembro, ás 19.00 h, no Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo, comentarase Vémonos mañá (Xerais), con Xosé Monteagudo. A novela reconstrúe a historia de amor de Bibiano Fernández Osorio-Tafall, alcalde republicano de Pontevedra, e Josefina Arruti, que volven reencontrarse cincuenta anos despois. Monteagudo, nacido en Moraña en 1965, é autor de As voces da noticia, Un tipo listo e Todo canto fomos, recoñecidos co Premio Blanco Amor, o García Barros e o San Clemente.

Para participar hai que ler a obra seleccionada e inscribirse no encontro.